Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA, S.A.

935 resultados

EDITORIAL GALAXIA, S.A. Eliminar filtro Quitar filtros
  • LIBRO DAS COLUNAS
    VILLALTA, LUISA
    Recóllese nesta compilación a obra xornalística publicada por Luísa Villalta nas súas columnas do semanario "A Nosa Terra" entre o 4 de xaneiro de 2002 e o 4 marzo de 2004, tan só dous días antes do seu falecemento. Son escritos de variada temática, mais en todos eles están presentes as liñas de forza que percorren a súa obra, dende o compromiso coa lingua e a cultu...
    En stock

    16,00 €

  • FORA DE XOGO ( VI PREMIO DE LITERATURA INFANTIL CARLOS MOSTEIRO)
    BAÑOS DE COS, JOSE LUIS
    En Kabul, Zainab, unha nena de dez anos, ten un gran segredo: xoga ao fútbol ás agachadas nun recanto do patio despois das clases. Alí coñece a Sahraa, coa que compartirá a súa gran paixón e á que lle ensinará as regras do xogo. Pero teñen que ter moito coidado, as aguias e os señores corvos poden descubrilas. Fóra de xogo narra a historia dunha amizade, reivindica ...
    En stock

    13,50 €

  • GALIZA MATER, RAÍS ANTERGA. MANUEL RODRIGUES LAPA
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    "Á Galiza de sempre, raíz anterga da nosa cultura, adico afervoadamente iste libro". Velaí a dedicatoria que Manuel Rodrigues Lapa antepuxo á súa monumental edición das 'Cantigas d'escarnho e maldizer dos cancioneiros trovadorescos galego-portugueses' (1965), un fito sobranceiro tanto da filoloxía galego-portuguesa canto da traxectoria de Editorial Galaxia. Henrique Mont...
    En stock

    17,20 €

  • OS EOAS
    PONDAL, EDUARDO
    Nunca publicados en vida do seu autor, Os Eoas –cuxa versión derradeira data de 1913-1914– veñen conformar o gran proxecto épico concibido por Eduardo Pondal. A figura de Cristovo Colón –a quen o autor bergantiñán, segundo as teses de García de la Riega e Constantino Horta, presenta como galego de nación– e mais a descuberta de América constitúen, daquela, o eixe ...
    En stock

    19,50 €

  • NARRATIVA REUNIDA 1991-2001
    VILLALTA, LUISA
    Narrativa reunida (1991-2001) recupera os tres títulos que Luísa Villalta deu ao prelo: Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001). Estas tres obras, fulcrais na construción da personalidade intelectual e creativa de Luísa Villalta, son unha mostra do seu compromiso coa escrita e a sociedade que lle tocou vivir, onde, como ela dixo, “as...
    En stock

    21,90 €

  • AMANTE EXPRESIONISTA, O
    MENE, ALEX
    O amante expresionista narra a biografía dun home que percorre diferentes cidades e países na procura da súa identidade até que a atopa en Galicia. Unha viaxe iniciática que o levará por Vigo, Barcelona, Madrid, Valencia, A China, O Xapón, Suíza e O Canadá. O libro constitúe unha reflexión sobre a paternidade desde dous puntos de vista: a do pai e a do fillo. O amant...
    En stock

    17,50 €

  • HISTORIAS DE BARBANTIA
    Este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da “intelixencia natural” da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades “arredor de nós” ao longo do ano. E vai para vinte. Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír...
    En stock

    17,50 €

  • DOUTRINA E RITUAL DA MOI NOBRE ORDE GALEGA DO SANC
    RISCO, VICENTE
    No ano 1914 Vicente Risco asiste en Madrid ao Parsifal de Wagner, de inspiración celto-cristiá, que considera como “arte suprema”. E velaí a inspiración para o borrador da Doutrina do Sancto Graal, reivindicación do seu simbolismo: o cáliz, a estrela, o corno, os montes sacros de Galicia…, desde un realismo máxico que lle porá aura á creatividade daquel tempo. Felip...
    En stock

    28,50 €

  • A FORZA ESCURA
    COUPERUS, LOUIS
    Arredor de 1900, o neerlandés Otto van Oudijck desempeña o cargo de gobernador da provincia de Labuwangi, unha vila costeira ficticia próxima a Surabaia, na illa de Xava. Con esta obra Louis Couperus exerceu unha crítica ben temperá, penetrante e explícita, do colonialismo, dos europeos “que se instalan nunha terra que lles é hostil”. Para o autor, que toma partido po...
    En stock

    20,10 €

  • MAR BRANCO. CRONICAS DE RUSIA E EUROPA ORIENTAL
    SUAREZ GONZALEZ, BRAIS
    Moscova é o centro dun remuíño de crónicas que van dos Balcáns ao Báltico, dun Kíiv enfermo a un San Petersburgo concupiscente e das chairas árticas á tropical Crimea, pasando por retiros ortodoxos e cidades remotas. En tren e autostop, o percorrido obedece á fascinación estética que a arquitectura brutalista e as paisaxes xeadas suscitan nun xornalista que prefire ...
    En stock

    25,00 €

  • ICARAS (PREMIO O FACHO DE TEATRO INFANTIL 2022)
    LABRAÑA, CARLOS
    Premio O Facho de teatro infantil 2022 Lía garda un segredo, a súa nai fíxolle unhas ás con plumas de cores, pero non lle ensinou a voar. Ana, unha estudante universitaria que traballa na hamburguesaría do barrio, nin sequera ten ás. Nun anoitecer, vanse cruzar os seus camiños e descubrirán que hai máis cousas que as achegan, que aquelas que as separan. Indo xuntas, se...
    En stock

    11,50 €

  • AS VIDAS DO RIO
    TEIXEIRA RODRIGUEZ, XULIO
    Unha cidade con vida. Un río de morte que a rompe. O cadáver dunha muller. Un asasinato? O primeiro. A partir de aí a escuridade e o fanatismo anuncian días de horror. Polo medio, intriga, tensión policial e humor. Un reloxo en marcha, a ignorancia do que acontece e as pantasmas do pasado. Nas misteriosas e revoltas augas da cidade de Pontevedra, o comisario Serafín Freix...
    En stock

    20,50 €

  • UBASUTE.(TEATRO)
    CARBALLEIRA, PAULA
    Hai linguas que só teñen unha palabra para o abandono, pero iso non quere dicir que non haxa diferentes maneiras de deixar para sempre algo, a alguén. Pouco importa que intentes cambiar de espazo, que creas que indo ao Xapón conseguirás afastar a culpa. Non existe un lugar no mundo onde fuxir de ti, e mesmo as pantasmas acoden cando as chamas, con poesía ou cos recordos. ...
    En stock

    12,00 €

  • DAKOTA (PREMIO VICTORIANO TAIBO 2023)
    ALVAREZ, MASHA
    A poesía acumula puntas de frecha na terra, escava no tempo e a raíz levanta o chan. Masha Álvarez corta as fronteras políticas e familiares que, como pastores eléctricos, convidan a non pasar. E ela pasa. Existe un fondo de electricidade, unha alma que se gaña a si mesma meténdose por onde os camiños abertos son case espellismos. O poema é o acubillo das ruínas e a l...
    En stock

    11,60 €

  • O OUTEIRO DO AMIEIRO
    LERTXUNDI, ANJEL
    O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas, e non é que sexa moi raro, moitos libros falan disto. Pero o protagonista desta novela non é unha persoa coma ti ou coma min. Non é nin sequera un rato ou un golfiño. Trátase dun amieiro, unha simple árbore. E unha árbore teno moi complicado para...
    En stock

    14,70 €

  • O TEU PERFIL NA MIÑA SOMBRA
    VEGA, REXINA
    "O teu perfil na miña sombra" non é exactamente unha narración, tampouco un libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o "ser muller": a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, estivo infrarrepresentado, unha experiencia agochada dentro de c...
    En stock

    16,70 €

  • A LITERATURA GALEGA CONTADA AOS ESCEPTICOS
    VEIGA, MANUEL
    Algúns afeccionados á lectura nunca len libros en galego. E non só por falta de competencia lingüística suficiente. Hai outros motivos: a maior oferta en castelán ou a presenza en lugar subalterno dos libros na nosa lingua. Moitos lectores e lectoras son escépticos, ademais, porque ven o producido en Galicia como unha sorte de material de segunda clase. Confían máis na...
    En stock

    14,80 €

  • GALAICOFOBIA
    PERES VIGO, ALEXANDRE
    Desde unha profunda vocación didáctica, en Galaicofobia afóndase no coñecemento dun fenómeno tan experimentado pola sociedade galega como poucas veces nomeado: o desprezo polo pobo galego. A través das súas páxinas, o autor deita a súa ollada nos numerosos testemuños literarios que ao longo da historia mostraron as súas filias e, sobre todo, as súas fobias contra Ga...
    En stock

    22,95 €

  • AS JERMAINE
    ALONSO SEISDEDOS, MARIA
    O clic dunha cámara fotográfica en 1949 pon en marcha a engrenaxe cega de sucesos que van operando ao longo dos anos e que culminan, talvez, en 2004 alén do Atlántico, nun balbordo que cómpre acalar e nun estrépito involuntario. Nesta historia, inverosímil e real a partes desiguais, revélasenos, como a imaxe que se forma aos poucos na cuberta dunha cámara escura alumad...
    En stock

    17,60 €

  • O PENSAMENTO POLITICO DE RAMON PIÑEIRO
    RODRIGUEZ ALVAREZ, SERXIO MARIA
    Ramón Piñeiro, protagonista indiscutible da nosa batalla cultural pola definición do paradigma nacional, transcende os lindeiros de ser unha personalidade histórica para facer, a partir do seu apelido, a catalogación dunha cultura política: piñeirismo. O pensamento político de Ramón Piñeiro vén ser unha contribución á agra do pensamento político en Galicia, que no...
    En stock

    16,40 €

  • DOUTOR ZHIVAGO
    PASTERNIK, BORÍS
    Publicada por vez primeira, e traducida en Italia en 1957, Doutor Zhivago pasa por ser a obra máis mítica da literatura rusa do século XX. A súa publicación non foi posible en Rusia ata 1988, ao abeiro da soviética Perestroika, e o seu autor tivo que rexeitar o premio Nobel (1958) por presións das autoridades soviéticas, o que, xunto coa maxistral adaptación cinematogr...
    En stock

    34,00 €

  • GALICIA, DISTRITO INDUSTRIAL. CONVERSAS CON DANIEL HERMOSILLA
    BAAMONDE, ANTÓN
    En Europa estamos asistindo ao retorno da política industrial. É unha ventá de oportunidades e cabe tomar decisións estratéxicas. Galicia posúe un sector industrial interesante. Hai un abano extenso de empresas cun alto valor tecnolóxico e internacionalizadas. Nestas conversas, Daniel Hermosilla, director executivo de Rodiñas, insiste, contra a imaxe estereotipada, en q...
    En stock

    22,00 €

  • OS SEGREDOS DO BOSQUE DE BEN-CHO-SHEY
    LÓPEZ-BARXAS, PACO
    Que segredos oculta o bosque de Ben-Cho-Shey nun día de néboa Por que ten ese nome tan raro A quen lle gusta xogar á billarda En que falan os afiadores de navallas, tesoiras e coitelos De que lugar saíron para percorrer o mundo detrás dunha roda Que trasgos se agochan debaixo dun maio feito con musgo, flores e carrabouxos para non ser descubertos O bosque de Ben-Cho-Shey e...
    En stock

    16,95 €

  • CONTAS DE BUXO
    FERNANDEZ FERNANDEZ, RAQUEL
    Lara é unha adolescente que saca boas notas e que nunca dá problemas, pero iso muda cando abandona Gondomar e sobe a un autobús sen lle dicir a ninguén a onde vai. Tras dela, un desengano amoroso, os silencios da súa familia e un León que, sen descanso, a persegue nos seus pesadelos. Sen saber moi ben como, remata en Ribadeo, unha vila unida estreitamente a aquel último ...
    En stock

    14,70 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (BANDA DESEÑADA)
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    “Eu son… Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre.” Así comeza o libro máis lido e traducido da literatura galega. Unha das obras que fundan a nosa narrativa contemporánea e que agora se presenta por vez primeira nunha adaptación gráfica. Iria Aldegunde, con mestría e sensibilidade, pon en imaxes ese mundo que Balbino contempla ao seu r...
    En stock

    20,20 €

  • LISTA DAS COUSAS IMPOSIBLES, A
    GONZALVO, LAURA
    Di Clara que cando Guim a deixou, só pouco antes do seu aniversario dos dezaoito anos, fíxoo porque tiña ganas de “facer cousas”. De vivir a vida. Que non sabía, que non podía saber, que só seis meses despois un accidente de moto o ía deixar en cadeira de rodas e que sería ela quen viviría a vida que el imaxinara. Di que a de Guim terminou sendo unha vida totalmente ...
    En stock

    17,40 €

  • LOBOS NAS ILLAS
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos que agora se pechará, aldeas nun proceso acelerado de mudanza, a Costa da Morte que constitúe o territorio literario de Aleixandre Publicado en 1996, traducido para o castelán e reeditado en 2022, pois, segundo a autora, a súa intenc...
    En stock

    16,45 €

  • ANTOLOXIA POETICA DE LABARTA POSE
    LABARTA POSE, ENRIQUE
    Enrique Labarta Pose cultivou todos os xéneros literarios e destacou como xornalista a finais do século XIX nas cidades de Santiago e Pontevedra. Nesta Antoloxía poética recóllense corenta poemas en lingua galega publicados tanto en libro como en prensa, e moitos deles acadaron premio en distintos certames literarios da época. Botando man dunha pluralidade de voces poéti...
    En stock

    19,50 €

  • A MÚSICA DOS VALLADARES
    BERNÁRDEZ, PABLO
    Na casa de Vilancosta (Berres, A Estrada) gardouse un tesouro en forma de textos musicais de distintos estilos e procedencias que pertenceron a varios membros da familia Valladares Núñez (Marcial, Avelina e Serxio). Máis de cen anos da historia de Galicia, cen anos de música condensados entre os muros desta Casa Grande. Un legado de enorme valor. Este proxecto pretende cont...
    En stock

    15,00 €

  • CLAUSTRO CORDA COMENSAL
    MERINO, SAMUEL
    A voz [guía] que fala nesta especie de crónica do suceso, comparece para abrir unha porta pola que acceder a un recanto da memoria.A voz [testemuña] que fala nestes versos ofrece un esquema —claustro, corda, comensal— dun desastre colectivo ao que vos convoca desde o pasado. A voz [poética] que fala neste libro sitúase permanentemente no limiar.Estar sempre no limiar, es...
    En stock

    13,15 €